A voceira provincial do Partido Popular, Elena Candia, recorda que a promoción deste desenvolvemento de solo industrial correspondeu no seu momento á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A. (SUPLUSA). Os compromisos adquirido pola Sociedade son vinculantes para o organismo provincial unha vez que Suplusa está en proceso de liquidación. Segundo se expón no texto da moción, «os trámites administrativos para dito polígono industrial comezaron en agosto do ano 2015 cando o Concello presentou e tramitou o necesario Plan Especial». A día de hoxe, o Concello de Riotorto dispón dos informes sectoriais e legais precisos para a creación do parque empresarial.
O proceso de tramitación administrativa finalizou o 12 de novembro de 2019, coa aprobación definitiva, pola Xunta de Goberno do Concello, do proxecto de urbanización do parque empresarial Vilarín de Riotorto, que ten un orzamento de 402.250,48 euros. A posta en servizo do polígono axudará a dinamización económica de Riotorto.