Viveiro, 1 de novembro, 2019. Os concellos teñen a obriga de mellorar as condicións de vida dos cidadáns, pero non sempre operan coa dilixencia desexable para cumprir con tal obriga. No caso de Viveiro, un deses incumprimentos pódese ver na rúa Cantarrana, paralela á avenida do mesmo nome. Para reparar e adecentar este punto da cidade, os concelleiros do PP presentarán un rogo ao goberno municipal na próxima sesión plenaria.
O firmante do rogo é o concelleiro José Ramón Soto, que destaca que é «fundamental para un pobo ter as súas rúas en boas condicións». Aclara que «en Viveiro queda moito por facer, e hai rúas en determinados barrios que se atopan en estado deplorable, deterioro que afecta tanto aos que alí viven como a quen as utiliza con frecuencia». Resalta ademais «a mala imaxe que se ofrece aos turistas que nos visitan».
No caso de Cantarrana, usuarios desta vía solicitaron aos membros do grupo municipal popular que se fixeran eco das súas queixas e que as transmitiran ao goberno municipal. Queren deixar constancia do mal estado no que se atopa o firme da rúa. Consideran ademais que é preciso mellorar a calidade do aseo urbano. Hai que destacar que esta vía é moi transitada porque da acceso a unha illa de contedores de lixo, a un aparcamento e a garaxes. Ata agora, as queixas dos veciños e as súas reclamacións de melloras non foron atendidas.
Los populares reclaman do goberno local «o inmediato acondicionamento da rúa, tanto no que se refire a limpeza, como ao asfaltado e a sinalización horizontal».