Que terá lugar o vindeiro martes 26 de novembro ás 20.00h. na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.
Un filme con selo galego , rodada en 2017 e cunha equipa formada unicamente por mulleres. Xiana do Teixeiro parte do persoal ao político, a través das experiencias persoais de mulleres diversas en distintos ambientes…onde se pode apreciar unha intimidade que traspasa as pantallas e chega a articular un discurso sobre o medo que non fomente o medo e sobre a violencia sen chegar a resultar violento. Un filme no queda reflexada a importancia da sororidade como ferramenta para cambiar o mundo.
O documental estase a proxectar en universidades e institutos para fomentar o debate e mostrar o camiño que aínda temos por diante para deixar atrás a visión e educación patriarcal na que nos socializamos.
En palabras da autora: “A conversación, que traspasa a pantalla varias veces, farase familiar para moitas e, isto é crucial, inaudita para outros.”
Filmografía Directora: Carretera de una sola dirección (Premio X Films, Punto de Vista, 2015-6), Somos Plaga e Soy Muro (2017-8, Soy Cámara – CCCB) e Proyecto Diario (premio BCN Producció, 2015). Todalas mulleres que coñezo é a súa primeira longametraxe. Esta última xa pasou por festivais como Málaga, DocumentaMadrid (Premio Screenly á mellor longametraxe), Alcances (Premio do público e DOCMA), Evolution Film Fest (Mención Especial ao Mellor Documental), Zinebi (Beautiful Docs), Cinespaña, L’Alternativa, Primavera do Cine (Premio do Público á mellor longametraxe), Festival REC (Recvolucions), OUFF (Mención Especial Mellor Longametraxe).