Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza este xoves unha conferencia de Laura Freixas para falar do seu libro “A mi no me iba a pasar”

A Mariña, 7 de novembro, 2019. Laura Freixas é unha escritora de novelas e ensaios así como crítica literaria e articulista en diversos medios. Fundadora en 1987 da colección literaria El espejo de tinta. Destaca taméncomo investigadora e promotora da literatura escrita por mulleres, no ano 2009 funda Clásicas e Modernas, asociación dedicada ao apoio das políticas de xénero na cultura e desde o ano 2014 coordina o ciclo de conferencias Ni ellas musas ni ellos genios. Acaba de presentar o seu libro “A mi no me iba a pasar”, unha autobiografía con perspectiva de xénero na que repasa unha época da súa vida cun matrimonio que remata por non ser o que imaxinara e onde debe afrontar numerosas dificultades no mundo laboral, tanto como editora como escritora.
O acto terá lugar este xoves, día 7 de novembro, ás 20:00 no hotel O Cabazo de Ribadeo.
O Observatorio convida a todas as persoas interesadas a acudir a esta charla que nos ofrece unha oportunidade magnífica para reflexionar sobre o patriarcado e capitalismo, a aparencia de igualdade entre as parellas e as propias contradicións persoais.

Exit mobile version