O alcalde, Fran Cajoto, informa do inicio deses traballos e pide aos veciños que desculpen as molestias que se van causar. Ademais solicita que “teñan precaución durante as súas circulacións por esas rúas para poder compatibilizar da mellor maneira o tránsito normal coas obras”.
Os traballos, que foron adxudicados polo Concello de Foz á empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia SA, consisten na disposición de pasos de peóns, reforzo da sinalización horizontal e vertical e colocación de bolardos como elementos de defensa para reducir o risco de atropelos.