E é que a inexistencia destas medidas provoca que os peóns teñan que circular pola beiravía; o que, “de toda lóxica”, explica Castiñeira, “supón un risco para a seguridade das moitas persoas que usan esta estrada incluso a pé para ir por exemplo ata o cemiterio”.
Pola súa banda, o voceiro do PP local, Manuel Rouco, quen, xunto co deputado provincial, comprobaron as deficiencias de dito acceso, agradece que “os meus compañeiros fagan esta petición, pois hai 10 meses que presentamos unha moción no Concello no mesmo senso, e que foi apoiada polos grupos da oposición, pero de momento nada sabemos nin tan sequera se a Deputación a vai facer”.
Por este motivo, tanto Castiñeira como Rouco agardan que o responsable provincial “non faga oídos xordos” desta demanda e, sobre todo, cumprind así coa responsabilidade que asumiu como delegado de Vías e Obras.