Despois dunha longa tramitación, o expediente de cesión xa está concluído. A Dirección Xeral de Xustiza, e a petición do Concello de Viveiro, concedeu un prazo de tempo para rematar de revisar os fondos bibliográficos que permanecían almacenados neses locais, onde anteriormente se ubicaba a biblioteca municipal. Estes traballos rematarán a vindeira semana.
“Agora toca reclamar a creación dese terceiro xulgado e consideramos que coa posta a disposición destes locais se atenden as demandas dos traballadores do Xulgado, cando indicaban que había pouco espazo e era necesario habilitar unha sala especial para atender as mulleres vítimas de violencia de xénero que reunise as condicións necesarias”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Dende o Concello de Viveiro se apoian as reivindicacións dos traballadores do Xulgado, “que nos foron comunicadas na Mesa de Local contra a Violencia de Xénero, tendo en conta que o volume de traballo se incrementou nun 215% segundo as cifras do Consello Xeral do Poder Xudicial”.
O Concello de Viveiro tamén requirirá á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza máis persoal para os xulgados.