Trátase dunha nesa constituída en outubro de 2018 e na que están representados os axentes sociais que traballan contra a violencia de xénero, co obxectivo de traballar nos eidos da prevención e a intervención contra esta lacra.
Na xuntanza, vaise tratar o tema de coordinación para a conmemoración do 25N. O concello adheriuse un ano máis á campaña ‘En negro contra as violencias’ e ten programadas diferentes actividades para concienciar á veciñanza e dar visibilidade á loita contra a violencia machista, que explicará mañá polo miudo.
Ademais da alcaldesa, asistirán representantes das concellerías de Muller e Igualdade; Servizos Sociais; Policía Local; Policía Nacional; centros educativos; centro de saúde, Xulgados; oficina de emprego; partidos políticos con representación no pleno municipal, e Subdelegación do Goberno.