Viveiro, 21 de novembro de 2019. O Concello de Viveiro acolle este fin de semana dous novos eventos deportivos, coa celebración da XXI Carreira Popular e do campeonato galego de surf en categoría junior.
O sábado pola mañá se celebrará a carreira pedestre de menores e pola tarde a dos adultos, cun recorrido de 12,5 quilómetros. Como en anos anteriores, será unha proba solidaria con Cáritas, tendo que aportar cada participante alimentos non perecedeiros ou productos de hixiene persoal no momento de recoller os dorsais.
Polo que respecta ao surf, a proba será o sábado e o domingo na Praia de Area Grande-San Román, e contará coa colaboración do Concello de Viveiro.
Despois do Rally da Mariña do pasado fin de semana, Viveiro volve a ser protagonista este sábado e domingo polo impulso aos deportes de natureza.
Con motivo da celebración da Carreira Popular Concello de Viveiro, produciranse restriccións de tráfico que afectarán aos seguintes tramos nos horarios indicados:
-Paseo Marítimo (Avda Martín Ledesma, Avda Alcalde Meirás e Avda Luis Cebreiro): De 10:45 a 12:00 horas e de 16:15 a 18:00 horas.
-Estrada da Igrexa e Estrada Praia de Sacido (fronte ao Galaico): De 16:15 a 18:00 horas.
Os horarios son estimativos en función do transcurso das carreiras.