A Concellaría de Servizos Sociais lembra que os xoguetes entregados deben estar en bo estado, limpos e non rotos, e que aqueles que teñan pezas deben ir todas xuntas nunha bolsa a parte. Ademais informa que non se recollen peluches.
Os xoguetes poden ser entregados nos centros educativos de Ribadeo e no departamento de Servizos Sociais do Concello (sito no Auditorio Municipal Hernán Naval).
Na semana do 16 de decembro comezará o reparto de xoguetes ás familias usuarias dos Servizos Sociais, e calquera que necesite xoguetes pode pasar polo Auditorio Municipal para anotarse neste programa que o que busca “é que ningunha nena e ningún neno queden sen agasallos nesta datas”.