Ribadeo, 29 de novembro de 2019.- O Concello de Ribadeo, a través da súa Delegación de Servizos Sociais, organiza un ano máis a campaña de recollida de xoguetes baixo o lema Dálle a volta ao Nadal, que se desenvolve do 25 de novembro ao 11 de decembro.
A Concellaría de Servizos Sociais lembra que os xoguetes entregados deben estar en bo estado, limpos e non rotos, e que aqueles que teñan pezas deben ir todas xuntas nunha bolsa a parte. Ademais informa que non se recollen peluches.
Os xoguetes poden ser entregados nos centros educativos de Ribadeo e no departamento de Servizos Sociais do Concello (sito no Auditorio Municipal Hernán Naval).
Na semana do 16 de decembro comezará o reparto de xoguetes ás familias usuarias dos Servizos Sociais, e calquera que necesite xoguetes pode pasar polo Auditorio Municipal para anotarse neste programa que o que busca “é que ningunha nena e ningún neno queden sen agasallos nesta datas”.