O Concello de Lourenzá fai un chamamento a todo o comercio e locais de hostalería para que colaboren coa campaña e vistan de negro os seus locais, descargando o material necesario na web https://ennegrocontraasviolencias.gal.
Os actos programados para este ano celebraranse este domingo, 25 de novembro, no pavillón polideportivo municipal. A proxección do spot sobre violencia de xénero gravado o ano pasado e no que participaron veciñ@s de Lourenzá será o que marque o inicio das actividades as 17:00 horas. A continuación haberá un espectáculo de maxia e igualdade titulado Igualdade, onde estás? da man da ilusionista Fani de Triana. O broche de ouro poñerao a sección de patinaxe das Escolas Deportivas Lourenzá, que fará unha representación que leva por título Di non a violencia de xénero.
Desde as concellerías de Servizos sociais e de Deporte fan un chamamento á sensibilización da cidadanía “cun problema público que é a violencia machista e que cada día está máis presente na nosa realidade. Entre todos debemos rexeitar calquera tipo de violencia de xénero e loitar contra esta lacra social, que cada día causa máis mortes de mulleres en España”.