Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo pídelle ao público do Rally que desfrute da competición con responsabilidade, respectando en todo momento as zonas habilitadas para seguir o evento deportivo

 Cervo, 15 de novembro. O edil de Deportes, David Rodríguez, e o concelleiro de Protección Civil, Alfredo Fernández, fan un chamamento á responsabilidade do público que se achegue a desfrutar mañá sábado, do I Rally da Mariña, que discorrerá polo Concello de Cervo, pedíndolles que “respecten en todo momento as zonas habilitadas para o seguir o evento e que están debidamente sinalizadas”.

Rodríguez e Fernández precisaron que desde o concello “fixemos unha labor de comunicación individualizada, dirixíndonos a cada un dos domicilios que se atopan no trazado, co fin de informar á veciñanza rigorosamente dos horarios da competición, e das franxas entre tramo e tramo, nas que poderán circular polas vías polas que pasa o rally, a fin de que se vexa afectada o mínimo posible”.

Tamén coordinamos os Servizos Sociais municipais, en concreto o servizo de Axuda no Fogar, -engadiron- “para que esta circunstancia excepcional afecte o menos posible ás persoas usuarias”.

Ante calquera eventual emerxencia, cómpre recordar que hai que alertar ao 112, e xa hai establecido un protocolo de seguridade en coordinación coa dirección da carreira, que contempla, no caso de que fose necesario, a suspensión da carreira, para garantir a asistencia en todo momento.

O tramo de Cervo partirá de diante da Fábrica de Sargadelos, con dirección ao Campo da Bidueira, A Senra, Barxa, cruce de Castelo, Igrexa, O seixo, Gondrás e rematará na zona do Castelo.

Como medida de seguridade e para garantir o bo discorrer da proba pecharase o tráfico nestas zonas, mañá sábado, desde as 8:55 horas ata as 22:30 horas, aproximadamente. A caravana está previsto que pase ás 8:59 horas, e o primeiro coche ás 9:59 horas.

Exit mobile version