Dende a Concellería de igualdade do Concello de Barreiros xa se puxeron en contacto cuns 100 establecementos. Enviamos unha carta a todos os establecementos comerciais e de hostalaría, oficinas e negocios informando da actual situación, que só en España, dende o 2003 (ano en que se empezan a recoller cifras oficialmente), e ata o 10 de xuño de 2019, foron asasinadas 1000 mulleres, só neste 2019 xa foron asasinadas 51 mulleres, segundo informa a concelleira de igualdade Montse Porteiro. Puxémonos tamén en contacto cos dous colexios de infantil e primaria que temos no municipio para involucrar aos máis pequenos nestes actos posto que eles son o futuro que marcará este grave problema.
A edil engadiu: Queremos animar a todos os sectores, aos axentes sociais, a toda a cidadanía en xeral a participar nesta campaña por un Barreiros en Negro, e agradecer tamén de antemán o esforzo e colaboración de todas esas persoas implicadas na eliminación da violencia de xénero.
Para participar na campaña, que durará dende o 18 ó 25 de novembro, e consiste en vestir os establecementos de negro (manequíns, manteis, elementos que dean visibilidade…) basta con chamar ao número de teléfono 982124002 ou enviar un correo electrónico a registro@concellodebarreiros.com cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) antes do 12 de novembro. Dende o Concello facilitaranse os materiais e máis información.