O Valadouro,16 de novembro 2019. Desde o BNG no Valadouro siguen demandando a recuperación para o concello do servizo de recollida de lixo, para que este importante servizo á veciñanza funcione mellor. Según afirman os nacionalistas, este servizo desde que se conveniou co concello de Alfoz e se privatizou, empezou a presentar deficiencias.
Un dos motivos polos que o BNG no último pleno non apoiou a prórroga do “Convenio de colaboración marco para a xestión compartida do servizo de recollida domiciliaria de lixo e punto limpo do Concello de O Valadouro e o Concello de Alfoz, de data 22 de novembro de 2016” no que se delega a encomenda ao Concello de O Valadouro” foi o deficiente servizo que se está ofrecendo e que progresivamente empeorou desde o momento en que se privatizou.
O BNG xa fixera as correspondentes advertencias na comisión de seguimento do convenio. Agora quen debe dar explicacións á veciñanza é o alcalde
Tamén afirman os concelleiros nacionalistas que na comisión de seguimento deste convenio o BNG xa advertíu das deficiencias na recollida, con contenedores rebosando e frecuencias a todas luces insuficientes, “polo que quen debe dar explicacións aos veciños, un por un, por este mal servizo, é o alcalde, non o BNG” , afirmou Eduardo Chao.
“Para o BNG, o noso compromiso é coas veciñas e veciños, e por eso, recollendo as súas demandas plasmamos no noso programa electoral os seguintes puntos: – Recuperación para o concello do servizo de recollida para que éste funcione mellor. – Recollida selectiva de lixo no rural e – recollida de plásticos de silos”, asegurou Eliseo Teijeiro, quen recordou tamén que o BNG no Valadouro simplemente se alía cos intereses das veciñas e dos veciños. E recordou tamén incumprimentos do alcalde e o seu equipo de goberno, coma por exemplo a promesa de que que este verao ía estar funcionando un segundo vaso da piscina municipal, para uso e disfrute de nenas e nenos, sen que a estas alturas se soubera mais nada do tema.
Datos claros, e as cousas claras.
Os nacionalistas corrixen tamén ao alcalde en relación cos datos que éste verque na prensa ao referirse á cuantía da subvención, cando se refire a 120.000€, cando o que vén recollido no convenio levado a pleno é o seguinte: “Xestión compartida do servizo de recollida domiciliaria de lixo e punto limpo por un importe total de 72.337,08€ que contempla gastos de funcionamento por importe de 58.196,22€ conceden subvención polo 50%, isto é, por importe de 29.098,11€”
“Polo tanto, rematan os nacionalistas decindo, queremos que queden as cousas claras porque nin os datos que ofreceu o alcalde son certos, nin desde logo temos ningunha pinza co PP, simplemente somos coherentes co que sempre dixemos do servizo de recollida de lixo, e dado que non funciona ben, propoñemos recuperar ese servizo para o concello, máxime sendo o camión de propiedade municipal”