Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG afea ao goberno Viveiro de votar en contra de facilitarlle o pago de impostos municipais á súa veciñanza

Viveiro, 16 de novembro, 2019. A posta en marcha dun Plan de pago personalizado de impostos municipais, presentada polo BNG no pleno deste mes, foi rexeitada cos votos en contra do goberno municipal de Viveiro ao consideraren os socialistas que a veciñanza non precisaba deste plan de pago de impostos á carta posto que, según o Concelleiro de Facenda, a veciña ou veciño que ten dificultades económicas para pagalos pode achegarse ao concello e solicitar un aprazamento do mesmo, xusto o que queremos evitarlle @s veciñ@s con esta proposta, sinalaron desde o Bng: 1º) que a veciñanza con dificultades económicas, que chega afogada a fin de mes, non teña que pedir aprazamentos ou fraccionamento para poder facer fronte ás súas débedas tributarias, o que tamén lles supón isto ter que pagar un recibo máis abultado debido ao abono de intereses e 2°) que esta veciñanza teña que pasar por tramites administrativos incómodos, mentras espera unha resolución do concello, o que supón tamén para o persoal municipal unha carga de traballo que se evitaría coa aprobación deste Plan, apuntaron desde o Bng. Outros dos argumentos empregados polo concelleiro foi as dificultades técnicas para poñelo a andar, ao que a interventora respondeu, a petición da representante do BNG, que podería poñerse a funcionar nun prazo de entre 3 e 6 meses. Asimesmo aludiu o Concelleiro de Facenda ao engorro de ter que elaborar unha nova ordenanza e á sobrecarga de traballo que suporía a súa implantación para @s traballadoras do concello.

A portavoz municipal do BNG, Miriam Bermúdez, asegurou na súa intervención que o Plan tributario personalizado era un instrumento legal que lle daría as veciñas e veciños de Viveiro a máxima facilidade posible para o pago das súas obrigas tributarias coa facenda local, ao tratarse dun sistema especial que permitiría realizar ingresos a conta para o pago dos recibos, podendo decidir cada veciña ou empresa os prazos e as cantidades que mellor se axustaran as súas necesidades.

Durante a defensa da moción insistiu que o goberno e corporación municipal tiñan, entre outras, a obriga de contribuír a aliviar a economía das familias de Viveiro poñendo a súa disposición instrumentos legais como era o Plan de Pagos Personalizado de impostos municipais, implantados xa desde hai anos, tanto en concellos de Galiza como do estado español.

A proposta d@s nacionalistas, que contou co apoio dos populares e a abstención de Por e Son Viveiro, non saíu adiante pola negativa do Psoe á facilitarlle á veciñanza o pago dos seus impostos e non querer seguir o exemplo doutras entidades locais que sí o teñen implantado, a pesares de recoñecer o mesmo Concelleiro de Facenda que eses concellos “estaban a anos luz de Viveiro”, situación que á vista da postura do psoe parece que quere que así continúe durante moitos anos máis, sentenciou Mirìam Bermúdez..

O Bng e a súa portavoz municial, lamentan a pasividade e desgana do goberrno socialista que veñen de amosar todos estes anos polo traballo municipal, así como a súa falta de vontade para axudar a aliviar a economía das familias e a mellorar a propia economía do concello, porque están convencidas que co deseño e posta en marcha deste Plan de pago, no que se establecería unha bonificación do 3% na cota íntegra dos impostos e ao que poderían adherirse de xeito voluntario as veciñas e veciños que o desexaran, conseguiríase un impacto positivo tanto sobre a Facenda Municipal, que contaría con maior liquidez sen recorrer a vía do financiamento externo a curto prazo ou a créditos a curto prazo (o que suporía o pago de intereses), como sobre as veciñas e veciños con obrigas tributarias, tanto ao ver reducida a contía final que tería que ingresar en concepto de débeda tributaria como pola flexibilidade de pago dos tributos de carácter periódico de maior importancia económica para a veciñanza, incluídos no Plan, tales como, entre outros, o IBI, IAE, IVTM, taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo e RSU.

Exit mobile version