A delegación de Muller e Igualdade do Concello de Cervo e as diferentes asociacións de mulleres do municipio programaron con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero unha representación teatral a cargo do grupo Ardora que interpretou “O silenzo do badal”, escrita por Francisco Piñeiro e dirixida por María Paz Rodríguez. Ao comezo do acto, a escritora local Irene Rega, leu unha verbas de condena deste lacra, coas que fixo reflexionar a todos os presentes.
