A viaxe consistiu nunha visita pola maña ao Centro Ictiolóxico de Ximonde situado a beiras do río Ulla, no concello de Vedra. Acompañados de alumnos e profesorado da CFEA de Sergude, onde se lles explicou os diferentes traballos e técnicas empregadas para o seguemento das diferentes poboacións piscícolas nos ríos de Galicia (lamprea , reo , salmón …), marcaxe, pesca eléctrica, radioseguemento etc. Amosóuselles as instalacións e materiais de que dispoñen, así como videos sobre os ciclos biolóxicos das principais especies de Galicia. Pola tarde visitaron unha granxa cinexética de coello de monte pertencente ao coto de caza de Boqueixón, onde se cría en biotopos o coello de monte autóctono para súa repoboación.