Na tarde de onte quedou constituída a nova Xunta Directiva que estará ó fronte da Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro durante os dous próximos anos. A composición da mesma será:
Presidenta, Mª Dolores Perez Santos (De Piti Deportes), Vicepresidenta, Mª Dolores Garcia-Salazar Martinez (De Dolotravel), Secretaria Mónica Irimia Villarmea (De Baühaus), Tesoureira Maria Ruth Adrio Monterroso (De Africa Copias) e Vogal Montserrat Navarro Fernandez (De Vermutería Sugar Rock).
Esta xunta está formada por xoves empresarias de distintos sectores, comercio, hostalaría e servizos. Os novos membros chegan con ilusión e ganas de traballar polo comercio e a hostalaría de Viveiro, sobre todo para dar continuidade á única asociación de comerciantes que existe no Centro de Viveiro.
Os seus obxectivos iniciais pasan por seguir ca boa labor que se viña realizando para tratar de dinamizar o sector comercial de Viveiro, e avogan polo mensaxe da unidade, só un comercio unido e comprometido poderá seguir sendo punteiro na comarca. Seguirán traballando por mellorar o atractivo comercial e o poder de atracción da zona, lanzando novas promocións e servizos tanto para clientes como para negocios asociados.
O seu primeiro cometido será unirse á campaña de Viveiro en Negro e posteriormente organizar a campaña de Nadal para o que se porán a traballar dende xa, e unha das súas prioridades será animar a todos aqueles negocios que non forman parte da Asociación a que o fagan, entendendo que todo o traballo deste colectivo a única forma de facelo é en conxunto.