A regulacións das citadas concesións faise segundo o bando da alcaldía que informa de que, o 31 de outubro, aprobouse en Pleno a segunda convocatoria das subvencións para os fins citados. A contía da subvención será do 40 % do custo das actuacións subvencionables, para pintura de inmobles con materiais tradicionais, incluídos dentro da Área de Rehabilitación. O importe máximo das axudas, en calquera dos casos, será de 5.000 euros.
Segundo o bando da alcaldía, a presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo. O prazo para tramitar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e estará aberto ata o 15 de novembro de 2019, ou esgotamento do crédito. A presentación de solicitudes deberase facer no modelo de solicitude do anexo das bases publicadas no BOP nº 189 de 19 de agosto de 2019.