Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova concentración de pensionistas en Barreiros

 Barreiros, 29 de novembro, 2019. Un venres máis, ducias de penionistas concentráronse diante do Concello para esixir pensións dignas. Deron lectura a este manifesto:

Bons días, compañeiras e compañeiros.

Levamos camiño de dous anos concentrándonos e acudindo a manifestacións os xubilados e pensionistas de Barreiros. Somos veciñas e veciños de a pé, que non temos outra pretensión que mellorar as nosas pequenas pensións e intentar que as xeracións vindeiras teñan garantido un sistema público de pensións, e que as nosas fillas e os nosos netos teñan un posto de traballo cun salario digno e na nosa. Só así, incrementando o emprego aquí, un emprego de calidade, só así se poderá ter un bons sistema público de pensións, porque os problemas dos xubilados, pensionistas e traballadoras e traballadores galegos non son os mesmos problemas dos traballadores e pensionistas de Madrid ou de Bilbao, por exp, porque son realidades sociais e económicas distintas, por eso, ou os pensionistas galegos defendemos o noso ou naide o fará, porque está claro que ningún colectivo de fóra de Galicia vai vir aquí defender o noso.

Por eso, nós que non nos casamos con ninguén, os pensionistas de Barreiros, que formamos este colectivo de adscrición individual e que non pertenecemos a ningún colectivo estatatal nin autonómico de pensionistas, ainda que apoiemos todas cantas mobilizacións haxa en defensa dunhas pensións dignas, seguimos agardando escépticos a conformación do novo goberno no Estado para comprobar que se cumplan as promesas da campaña electoral.

E nesta semana na que se celebraron moitos actos en contra da violencia machista, desde o Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros queremos manifestar e reiterar o noso compromiso na loita pola erradicación das violencias contra as mulleres e combatelas e incvluir a todas e a todos nesta loita, axesntes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación….. pordque xuntas, en rede, será mais doado seguir.

E para rematar, compañeiras e compañeiros, os pensionistas de Barreiros, os pensionistas da Mariña e os pensionistas galegos non nos rendimos e seguiremos na loita para trasladarlle ao novo goberno que se constitúa no Estado as nosas reivindicacións:

– Derrogación das reformas laborais

– Aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores

– Supresión do factor de sustentabilidade. (a súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición)

– Pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional

– Recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.

– Consolidación da actualización anual das pensións en base ao IPC

– Blindaxe do sistema público de pensións

– Pensións dignas e con poder adquisitivo

Exit mobile version