Site icon Crónica3.com A Mariña

Mel O Castelo triunfa tamén en Muras

Tras gañar na prestixiosa Feira de Goente o pasado mes de outubro, a viveirense Loli Lage continúa acaparando galardóns que premian a calidade da marca «Mel O Castelo». A pasada fin de semana foi na Feira de Muras, onde acadou o primeiro posto do concurso de cata cun néctar monofloral de breixo. Deste tipo de mel escuro vénse facendo unha gran promoción na Feira do Mel de Montaña que se celebra dende hai cinco anos no Viveiró para dar a coñecer o excepcional produto das vinte e cinco explotacións apícolas do municipio de Muras. Este evento organízao o Concello en estreita colaboración coa Casa do Mel das Pontes, dende onde se apoia tecnicamente a apicultura axudando a desenvolver as explotacións e fomentando a divulgación do mundo das abellas entre a poboación en xeral.

Exit mobile version