Site icon Crónica3.com A Mariña

María Loureiro remite unha carta á delegación da Xunta referente ás obras no cruce de Landrove

Viveiro, 22 de novembro, 2019. Ante a noticia aparecida no día de hoxe na prensa local, relativa ás obras que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai executar na intersección entre as estradas LU-540 e LU-161, á altura de Landrove, a Alcaldesa do Concello de Viveiro remitiu un escrito ao Delegado Territorial da Xunta de Galicia para solicitar que se comunique a este concello a data na que se iniciarán as actuacións referidas co fin de poder avisar á veciñanza e, asemade, adoptar as medidas de seguridade necesarias por parte da Policía Local, tendo en conta que é frecuente que por parte desa consellería non se informe a este concello do inicio de actuacións dentro do termo municipal.

Por outra banda, lembrou ao Delegado Territorial que neste concello estabamos á espera de recibir o estudo realizado por parte da Axencia Galega de Infraestruras sobre a posible intervención nesa zona, tal e como se nos indicou por parte desa administración.

Exit mobile version