Será o sábado 7 ás 12 do mediodía. Sairá do Cristo fronte á ponte medieval. Reclamarase o arranxo da desfeita da riada do ano pasado e a limpeza do río. Organiza a Asoc. de veciños Valdeflores.

Un encontro no que a Coach de Saúde Emocional e Facilitadora en procesos de duelo e perda, Susana Vázquez Fernández, abordou temas de calado social como a xestión do duelo e a perda. Contou coa colaboración da asoc. de Xubilados Terramar. A continuación as persoas asistentes puideron desfrutar dun chocolate.
Está organizada pola Asociación Equina A Medela. Á presentación acudiu o presidente da asociación, Leandro Quelle, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro e a concelleira de agricultura, gandería e montes Mª Dolores Meitín.
A FEMP convidou a todas as entidades locais a convocar este acto como mostra de lembranza solidaria coas familias e coas vítimas dos terribles atentados que lle custaron a vida a 193 persoas o 11 de marzo de 2004 en Madrid.
Xa está aberta a inscrición. Presentaron o evento o presidente da asociación Motoclub N-634, Miguel Arias acompañado do Alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, do Concelleiro de Cultura, Alberto García e da Concelleira de Turismo, Patricia Otero. Dende a organización e o Concello queren convidar a moteiros e moteiras a participar neste evento que abre as concentracións de motos en Galicia.
Foron 15 as parellas participantes e os premios quedaron deste xeito: Primeiros clasificados: Abelardo Lestegás-Jesús Pérez. Segundos clasificados: José Montenegro- José Aparicio. Terceiros clasificados: Jesús Galdo- Eduardo Sánchez. Tamén houbo agasallos especiais para as tres mulleres participantes (Isabel Pérez, Ana Sánchez e Sara Gómez), para o participante máis novo (Gabriel Valadares Pérez) e para os colistas (Pablo Balsa - Antonio Fernández).
Parchís: 1. Elena Fernández e Delia Suárez, 2. Victoria Muñiz e Inés González, 3. Gema Deán e Manola López. Tute: 1. Angelines Bermúdez e Josefa Núñez, 2. Adelina Fernández e Lidia Pernas, 3. Isolina Dablanca e Mari Luz Fernández. Os premios foron entregados pola alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira Mali Méndez, no xantar da Muller celebrado este domingo.
Foi unha xornada de encontro e de conversa, que estivo aderezada con música. Á cita acudiron 220 persoas. Desde o Concello sinalan: “agradecemos a todas as persoas que participaron neste cocido e fixeron posible esta xornada tan especial”.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital