Burela, 27 de novembro, 2019. O Centro Comercial Aberto de Burela prepárase para o vindeiro venres xa que, como o último de novembro, é o Black Friday. Este día, de orixe norteamericana ten cada vez máis implantación na vila e os comerciantes esperan ter moi boa acollida.
En total son 31 os comercios que participan: Atmósfera Sport, Beep, Caroa Moda, Cerezo Bikes, Chamorro Hombre, Decoraciones Pura, Don Zapato, El Bazar de Tere, Electrodomésticos Quelvi, Eroski Viajes, Fauna, Fragances&Colors, Frenos Carpe, Galaequia Tecno, Interfilm Foto Mariló, Isabella, Ktivos, la 5º de Catycris, Mercercería Ajuar, Mercería Paca, Misstic, New Style Burela, Nora Moda, O Lar do Pintor, Óptica Afflelou Burela, Paquetería Lanas Pacita, Peluquería Campón, Pikmar Joyeros, Rosa y Azul, Strass e Zalo.
Estes días veñen inspirados pola tradición estadounidense do Black Friday que é o día despois de Acción de Grazas e onde tradicionalmente comeza a campaña de Nadal. Esta xornada está cada vez más arraigado aquí e os comercios e hostaleiros aproveitamos estes días de descontos para animar que a xente siga participando do comercio local e que continuemos medrando xuntos.