A subdelegada recibiu esta mañá no seu despacho ao axente, natural de San Cibrao (Cervo) e destinado actualmente na Coruña. No encontro, Isabel Rodríguez agradeceulle a súa profesionalidade e desexoulle unha pronta recuperación das lesións que sofriu nun brazo, feridas polas que tivo que ser intervido cirúrxicamente.
Ademais, a subdelegada mantivo unha entrevista esta mañá con dirixentes do sindicato Unión Federal de Policía (UFP), ao que pertence o axente ferido, na que destacou que todos os lucenses debemos estarlle moi agradecidos aos axentes que se encargaron de devolver a normalidade ás rúas e garantir a convivencia pacífica dos cidadáns en Cataluña.
Isabel Rodríguez lembrou o importante papel que reserva a Constitución ás forzas e corpos de seguridade, que son o instrumento do que dispón unha sociedade democrática como a nosa para garantir a liberdade e a seguridade dos cidadáns.