Site icon Crónica3.com A Mariña

Gonzalo Caballero chama en Viveiro a rexeitar “o pacto implícito das dereitas coa extrema dereita” e pide aglutinar o voto da esquerda no PSOE

 Viveiro, 6 de novembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, protagonizou hoxe un mitin na Mariña xunto co voceiro socialista no Senado, Ander Gil, no que chamou a rexeitar “o pacto implícito das dereitas coa extrema dereita” e a concentrar todo o voto progresista no Partido Socialista.

“Queremos pedirlle a todos os galegos que queren progreso e que non queren que a extrema dereita siga inspirando as políticas da dereita que vaian votar este domingo, que o fagan polo voto útil, que é o voto ao PSOE”, enfatizou no peche dunha xornada que o levou a estar en Ourense, Silleda e Vilalba antes que en Viveiro.

Fixo fincapé o líder dos socialistas galegos na importancia de que non se perda ningún voto, nin para o Congreso nin para o Senado, o vindeiro domingo, ante a posibilidade dun pacto PP-Vox-Cs. “A única forza política da esquerda que vai ter senadores galegos é o PSOE”, recordou.

“Soamente hai unha papeleta que vai garantir que os votos cheguen ás cámaras parlamentarias, a papeleta do Partido Socialista”, recalcou Gonzalo Caballero, quen prognosticou “un magnífico resultado” se o domingo hai “unha mobilización alta”.

“FUGA” DE ANA PASTOR

Ademais, Gonzalo Caballero ironizou co anuncio de Pablo Casado de que nomearía ministra a Ana Pastor en caso de ser presidente.

E é que, como recordou, Ana Pastor é a responsable da “hecatombe electoral” do PP de Pontevedra, que pasou de obter o 50% dos votos en 2011 ao 25% no pasado mes de abril. De feito, atribuíu a súa “fuga” cara Madrid a que obtivo “a maior debacle da historia do PP en Galicia en Pontevedra”.

Ademais, proseguiu o máximo dirixente do PSdeG, “Ana Pastor enganou a Galicia cos investimentos no AVE durante os tres anos nos que foi ministra do Fomento con Mariano Rajoy”, posto que “deixou de investir e de orzamentar. “Tivo que ser o goberno socialista de Pedro Sánchez o que elevara os niveis de inversións para permitir chegar o AVE a Galicia no prazo máis veloz posible”, concluíu.

Dito isto, Gonzalo Caballero confrontou ese plantexamento co anuncio de Pedro Sánchez de facer vicepresidenta a Nadia Calviño. “A ministra de Economía é unha muller competente, comprometida e cunha longa traxectoria profesional de éxito”, sinalou en contraposición coa ex-ministra de Aznar e Rajoy.

Adicionalmente, o secretario xeral do PSdeG abordou a situación da industria para destacar que o goberno socialista foi o que solucionou o anunciado peche de Alcoa na Coruña e que “é o mellor aliado de Alcoa San Cibrao” mentres “Feijóo non fixo máis que estorbar, entorpecer e amosar a súa incapacidade como presidente”. “Cumple coa industria de Lugo igual que co AVE a Lugo”, sentenciou.

“RETOS PENDENTES”

Pola súa banda, Ander Gil sinalou o 10-N como “la oportunidad para poner freno a la ultraderecha que, de la mano del PP y Ciudadanos, ha entrado en las instituciones de este país” e “está poniendo en cuestión consensos fundamentales como el Estado de las Autonomías”.

“Responsabilizo al Partido Popular de haber metido al lobo en el gallinero, de haber puesto en serio riesgo el autogobierno, el Estatuto de Autonomía y el sistema autonómico en comunidades tan asentadas como Galicia”, sentenciou.

A maiores, o líder do PSdeG aludiu ás eleccións xerais como “la oportunidad para seguir caminando por la senda de las políticas sociales” tras 10 meses nos que o goberno socialista subiu as pensións, incrementou o salario mínimo…

“En 10 meses con 84 diputados hemos sido capaces de apuntar un rumbo y lo que queremos a partir del domingones tener un gobierno fuerte y estable para asentar, impulsar y seguir avanzando en la senda de la reducción de las desigualdades y el avance social de España”, resaltou Ander Gil.

“O ADN DO PSOE”

No acto tamén interveu a secretaria provincial do PSOE en Lugo, Patricia Otero, quen pediu o voto da Mariña Lucense “para que os traballadores de Alcoa poidan ter o primeiro estatuto para as empresas electrointensivas”.

“O goberno socialista xa puxo enriba da mesa 25 millóns de euros para Alcoa San Cibrao, o que supón o maior importe que deu o goberno de España a ningunha empresa en todo o país para favorecer a súa competitividade. E que puxo a Xunta de Feijoo, Balseiro e o PP? Cero euros. Esa é política industrial do PP”, sentenciou.

Ademais, sinalou que a Mariña “ten que ser protagonista” nestas eleccións. “Temos que apoiar ao Goberno de Pedro Sánchez para conectar esta provincia coa alta velocidade, para traballar por unhas pensións xustas, para loitar contra a desigualdade, pero sobre todo para seguir avanzando nos dereitos conquistados e na xustiza social que son o ADN do PSOE”, concluíu.

VIVEIRO, “NO MAPA”

A continuación, a alcaldesa, María Loureiro, pediu o voto para que Pedro Sánchez “poida seguir apostando e investindo en Viveiro” e puxo exemplos de distintas melloras levadas a cabo con fondos estatais.

“Viveiro está en marcha co Goberno de Pedro Sánchez, non podemos deixar pasar esta oportunidade para apoiar a un presidente que apoia os proxectos desta vila. Só o voto ao PSOE garantiza que Viveiro siga aparecendo no mapa dos investimentos do Estado”, puxo en valor, fronte ao abandono da Xunta a esta vila.

“As veciñas e veciños de Viveiro coñecen ben as mentiras do PP, como puideron comprobar novamente nos orzamentos da Xunta de Feijoo. Un exemplo claro é a variante de Viveiro, pola que levamos máis de 11 anos esperando, ou o saneamento de Celeiro, a mellora do emisario da depuradora de Viveiro ou a EDAR, todos son bos exemplos do ninguneo do Goberno de Feijoo cos viveirenses”, sostivo a rexedora.

“XUSTIZA SOCIAL”

“O 10N temos que rematar co bloqueo que impide a Pedro Sánchez seguir impulsando iniciativas sociais que contribúan a facer crecer o noso país. Queremos seguir traballando para facer políticas encamiñadas á xustiza social, e que contribúan a redistribuír a riqueza para que todos e todas teñamos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades, e para acabar coa desigualdades. Iso é o que nos xogamos o 10 de novembro, seguir avanzando ou parar”, relatou o cabeza de lista ao Senado, César Mogo.

O candidato socialista dixo que “a provincia de Lugo ten retos pendentes que non poden esperar, e que precisan máis que nunca dun Goberno de Pedro Sánchez, forte, estable e que mira cara adiante. Pero sobre todo un goberno que pon enriba de todo ás persoas. O 10N hai que votar ao PSOE de Pedro Sánchez porque temos que seguir construíndo a provincia que nos merecemos”, resumiu Mogo.

“COMPROMISO CO SECTOR PRIMARIO”

Antes, en Silleda, Gonzalo Caballero e Ander Gil visitaron unha explotación gandeira xunto co alcalde, Manuel Cuiña, para exemplificar “o compromiso claro” dos socialistas co sector primario e co desenvolvemento do medio rural.

“A Galicia do interior necesita dun sector primario potente, ben atendido desde as administracións públicas”, afirmou o líder socialista, consciente da necesidade de tomar medidas para mellorar os prezos do leite para os produtores.

Ao respecto, Ander Gil destacou como “muy buena noticia” o compromiso de Pedro Sánchez de crear un ministerio para afrontar o reto demográfico.

Ademais, engadiu que “el equilibrio y la sostenibilidad depende de las políticas que hagamos en el mundo rural”, tanto no que atinxe á loita contra o despoboamento como contra o cambio climático.

Exit mobile version