Lugo, 1 de novembro de 2019.- FSF Castro, na categoría feminina, e Valdesuso Peugeot Vilalba FS, na masculina, proclamáronse este venres campións da Copa Deputación de Fútbol Sala tras a disputa da Fase Final do torneo en Sarria.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, entregou os trofeos ás campioas e campións do torneo que se disputou ao longo da xornada no Pavillón de Sarria e no Pavillón José M. González O Chanto, con catro equipos femininos e catro masculinos en liza e unhas gradas ateigadas de público.
O partido máis vibrante da xornada foi a final feminina, un vibrante duelo de rivalidade comarcal entre Vilalba FS e FSF Castro que se resolveu na prórroga (2-3) tras o 2-2 ao final do tempo regulamentario.
Indicamos os resultados dos encontros:
Semifinais masculinas
CD Lugo Sala -Concello de Begonte FS 4-4
(clasificado Concello de Begonte FS nos penaltis)
SDXove FS –Valdesuso Peugeot Vilalba FS 2-3
Final masculina
Concello de Begonte FS-Valdesuso Peugeot Vilalba FS 1-4
Semifinais femininas
Vilalba FS – Lieders Futsal 1-0
FSF Castro – Pizzería Bahía Monterroso FSF 8-0
Final feminina
FSF Castro- Vilalba FS 2-3