Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acolle un curso para familiares e coidadores de enfermos con demencias desde este martes

 Foz, 25 de novembro de 2019. Foz acolle un curso titulado Xuntos nos coidados, que dará comezo mañá, martes, na Casa da Cultura. Está destinado a familiares e coidadores de persoas con demencias e continuará este mércores, 27 de novembro, e os días 2 e 3 de decembro.
A concelleira de Servizos Sociais e Familia de Foz, Ana Rojo, anuncia que “maña, día 26, comeza o curso Xuntos nos coidados, impartido por Gema Fernández Rey, psicóloga de AFAN (Asociación de Familiares Enfermos de Demencias Neuroxenerativas e de Alzheimer)”.
A edil engade que “este curso impartirase na Casa de Cultura de Foz, coa colaboración do Concello de Foz, a través da Delegación de Servizos Sociais,e da Consellería de Política Social, e organiza a Federación Alzheimer Galicia (FAGAL). O curso será impartido os días 26 e 27 de novembro e o 2 e 3 de decembro en horario de 17:00 e 19:00, para que todos os familiares coidadores puideran ter un horario adaptado ás necesidades do enfermo. Está destinado a familiares e coidadores de persoas con demencias e outras enfermidades neurodexenerativas”.
Ana Rojo sinala que “aínda hai tempo para inscribirse e pode facerse no teléfono 982.580.616, a través do correo afam.burela@gmail.com ou en Servizos Sociais de Foz, no teléfono 982.13.35.66”.
A concelleira focense de Servizos Sociais explica que “o curso abarca todas as demencias, tanto de alzheimer como de outro tipo, e está orientado a familiares-coidadores para dar estratexias e poder enfrontarse no seu día a día a este tipo de enfermidades. En definitiva está impartido para darlle recursos ás familias, na súa vida diaria, coidando a este tipo de persoas”.
Ana Rojo comenta que “ao remate do curso daranse dous módulos máis, de como adaptar os fogares para o coidado destas persoas, técnicas de apoio, axudas para a súa hixiene e como facer o baño ao enfermo que está demenciado sen que este feito lle produza estrés. Estes módulos serán impartidos por outra profesional, como é a terapeuta de AFAN, que nos dará indicacións de como comunicarnos con estas persoas polo problema dexenerativo-cognitivo que padecen, ademais de na linguaxe. Esta terapeuta tamén nos adentrará nas terapias non farmacolóxicas que poden estimulalos e facilitarllas no seu propio domicilio. O último módulo será de como coidarse o coidador, entrando nas patoloxías que poden xurdir e como previlas, evitando así un síndrome tan coñecido como é o do coidador queimado (burnout), que de non coidarse acaba padecendo o coidador”.
A edil rematou invitando “a todos os veciños e veciñas de Foz que teñan unha persoa ao seu cargo con este tipo de demencias que poden inscribirse aínda a día de hoxe e ata mañá pola mañá neste curso formativo de AFAN. É moi interesante e abarca todo tipo de demencias, para que eles poidan cada vez coñecer máis estas enfermidades que cada día van a máis”.

Exit mobile version