Este curso, conta con 18 mulleres inscritas e desenvolverase ata o 8 de novembro no Pazo Santomé de Mondoñedo, de 20:00 a 22:00 horas. O GDR-1 Terras de Miranda desenvolve esta actividade en colaboración con AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.