As monitoras explicaron que “fixemos unha representación por clase do conto Carapuchiña Vermella, iso sí, modificado, neste caso o título foi Carapuchina caminante e o lobo veloz”. Para Gaia “as primeiras idades son especialmente significativas para a creación de hábitos, actitudes, comportamentos e valores seguros, de aí que adiquemos parte do noso tempo a esta temática. Consideramos que este foi un xeito divertido de aprender educación vial, e queremos darle as grazas á DXT de Lugo que foi quen nos prestou o material para levar a cabo esta actividade”.