Cómpre lembrar que “De Bruma e salitre”, dirixido por Xaime Miranda e con Iago Vilarinho como director de fotografía, acadou este ano o recoñecemento en varios festivais nos que se alzou co primeiro premio, como son o Festival de Cine Internacional de Ourense ou o Festival Internacional Primavera do Cine de Vigo.
Este videoclip é unha mostra máis dos numerosos traballos audiovisuais rodados na Mariña polo realizador Xaimer Miranda, quen ten feito clips para bandas como Dios ke te Crew, Heredeiros da Crus, Oh! Ayatollah, Familia Caamagno ou Basanta, entre outros.