Así o manifestou tras ter coñecemento da colocación dunha valla publicitaria na que se recollen os investimentos das distintas administracións públicas sinalando a aportación de preto de 47.000 euros da Xunta de Galicia como “un saco de pipas”. Vega sinala que “esta valla publicitaria engana e falta ao respecto ás distintas administracións” e cre que “a liña de traballo que se debería seguir dende o Goberno local é a de xestionar orzamento para Ribadeo como está a facer o Grupo Municipal Popular”.
O popular critica, neste sentido, que “Fernando Suárez viva na polémica constante” e na “pelexa coas distintas administracións”. Así mesmo, aclara que “tódolos ribadenses pagamos impostos e, polo tanto, a Xunta tamén reinviste en Ribadeo”. De feito, dirixe 3,4 millóns ao noso municipio.
Vega esíxelle ao Goberno local do BNG que paguen do seu peto o custo de retirar esta valla publicitaria porque “négome, como ribadense, a que se pague cos meus impostos” o que considera “unha falta de respecto institucional”.