Site icon Crónica3.com A Mariña

Cunha concentración e coa lectura do manifesto conmemorativo Burela celebrou este 25 de novembro En Negro contras as violencias

 Burela, 25 de novembro, 2019. Noelia Mª Ben, concelleira de Igudalde, foi a encargada de ler o manifesto co que reiterou “o noso compromiso na loita pola erradicación das violencias contra as mulleres e combatelas con todos os recursos ao noso alcance… recoñecendo a importancia do papel das entidades locais en tanto poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres e as crianzas”. Na concentración participaron entre outros, o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, xunto a veciños e veciñas de Burela e traballadores municipais. Durante esta xornada procedeuse á instalación dun stand informativo contra a violencia machista, na praza do Concello, onde persoal especializado en violencia de xénero facilita, durante todo o día, información ás persoas que decidan achegarse ata alí e tamén distribúe material de sensibilización e prevención.
As actividades de En negro contra as violencias seguirán en Burela ata o vindeiro 1 de decembro.

Exit mobile version