Ademais para as oito desta tarde diante da Casa do Concello de Foz está convocado outro acto con motivo do 25N, no que se entregarán camisetas cos logos En negro contra as violencias e “os participantes poderán escribir mensaxes nunhas cartolinas negras que temos preparadas e despois leranse, para que todos poidan oílas, e colgarémolas nunha árbore, para que todo o mundo tamén poida lelas durante varios días, nos que estarán alí expostas. Tamén se lerá unha manifesto institucional para reiterar o compromiso coa loita para a erradicación das violencias”, anunciou a concelleira de Muller e Igualdade, Verónica Peña.