Mondoñedo-Ferrol, 21 de novembro de 2019. Este venres, 22 de novembro, ás 19:30 horas, terá lugar a segunda das conferencias do ciclo dedicado aos 800 anos de historia da Catedral de Mondoñedo, efeméride marcada polo comezo do pontificado do bispo Martín (1219-1248), prelado que establece definitivamente a sede episcopal en Mondoñedo e é, tamén, o gran impulsor da construción da Catedral.
Esta segunda conferencia correrá a cargo de José Miguel Andrade Cernadas, profesor titular de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela, e versará sobre a “Historia da diocese”. O acto, con entrada gratuíta e aberto á Prensa, celebrarase na Casa dos Cóengos en Mondoñedo, con acceso a través da propia Catedral.
Seguinte conferencia
A próxima semana, concretamente o xoves 28 de novembro, terá lugar a terceira das conferencias, neste caso en Ferrol, a cargo de Fernando López Alsina. Será ás 20:00 horas na aula Jorge Juan do edificio de Herrerías.