Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre aforro nas facturas de luz e gas natural

O vindeiro día 13 de novembro, de 16 a 17:30 horas, terá lugar no Centro Sociocultural de Alfoz unha charla impartida pola​ Escuela de Enerxía – Fundación Naturgy. Durante a mesma daranse pautas para aprender a ler e optimizar a factura de luz e gas natural, así como establecer hábitos de consumo eficientes e coñecer as axudas a disposición dos consumidores (como por exemplo o Bono Social). É necesario inscribirse no Concello de Alfoz ou no teléfono 982.55.85.81.

Exit mobile version