Site icon Crónica3.com A Mariña

Blanco: “El rural es muy importante para Cs y por eso llevamos medidas concretas para luchar contra la despoblación”

 Lugo, venres 1 de novembro de 2019. “El rural es muy importante para Cs y por eso llevamos medidas concretas para luchar contra la despoblación”. Así o asegurou este venres o candidato de Cidadáns por Lugo, José Manuel Blanco, durante a súa visita á feira de Monterroso.

O candidato da formación liberal ha destacado que se trata dunha feira moi importante que data do Século XIII. “ Para nós o rural é moi importante como forma de vida, como recurso, como patrimonio, como recurso e como futuro”.

Blanco lembrou que se Cs goberna os emprendedores do mundo rural pagarán un 60% menos de Imposto de Sociedades e que os autónomos e os traballadores con contrato fixo terán bonificacións na cota da Seguridade Social dun 40% cando vivan en municipios pouco poboados.

Tamén destacou que estenderán os beneficios xa propostos nas anteriores eleccións para as mulleres autónomas aos mozos menores de 30 anos durante tres anos, e durante dous anos a todos os novos autónomos en municipios de menos de 5.000 habitantes en risco de despoboamento.

“El futuro del rural tiene que estar garantizado por las políticas estatales para frenar el despoblamiento, que ayuden a las familias”, finalizou o candidato por Lugo

Exit mobile version