Blanco asegurou que non se pode frivolizar con medidas vacuas ou inconscientes xa que se trata dun tema para o que Xunta non ten competencias, nin polo que se ve, é moi competente en temas de industria.
O candidato ao Congreso dos Deputados de Cidadáns pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco lembrou o seu compromiso coa fábrica e as propostas de Cidadáns para tentar garantir a permanencia da empresa na provincia de Lugo. “Se trata de un documento firmado el pasado 9 de abril que tristemente sigue siendo válido ya que tras 7 meses de PSOE en el Gobierno no se ha hecho nada”.
“Mi apoyo con la permanencia de Alcoa en la provincia ya ha sido demostrado en numerosas ocasiones, yendo mucho más allá de la política”, asegurou José Manuel Blanco.
“Necesitamos un Gobierno que luche por la industria española y por todos los trabajadores que dependen de ella, escuchando sus necesidades y tratando en darles solución, ya que la industria es un asunto estratégico de Estado”, aseverou o candidato.
As medidas de Cidadáns para tentar que Alcoa non se vaia da provincia de Lugo son:
Fomentar os contratos bilaterais de entrega da enerxía eléctrica (coñecidos como PPA) a través de eximir aos xeradores de enerxía eléctrica do imposto de xeración de maneira permanente (e non transitoria) e aos compradores do imposto sobre a electricidade para este tipo de transaccións e valorar o investimento do ICO como axente que garanta a transacción neste tipo de contratos.
Dar certeza aos exposto no Artigo 9. Compensación de custos indirectos por emisións de gases de efecto invernadoiro do Proxecto de Real Decreto polo que se regula o Estatuto de Consumidores Electrointensivos que as empresas industriais tanto precisan nun contexto de competencia global como o actual.
Impulsar o marco lexislativo e dispositivo estatal e europeo para que permita a implantación de redes enerxéticas pechadas, tal como prevé a Directiva Europea 2009/72/CE.
Desenvolver a futura Lei do Cambio Climático e Transición Enerxética co obxectivo de consolidar un mix enerxético que responda dunha maneira integral aos obxectivos de sustentabilidade ambiental, seguridade de subministración e competitividade de custos así como a revisión profunda dos custos do sistema eléctrico que non estean relacionados directamente coa subministración eléctrica e que supoñen máis da metade da factura.