Este domingo, 1 de decembro, será a data para a elaboración dos tradicionais beléns de plastilina do Concello de Cervo. Ás 12:00 na Casa do Concello; e ás 17:00 en San Cibrao, na Casa da Cultura. Poderán ser visitados durante todo o Nadal. A edil de Cultura, Dolores García Caramés, recorda ademais que ata o 15 de decembro está aberto o prazo para anotarse ao programa “Enredos de Nadal”, que terá lugar o 23, 26 e 30 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro; e ao programa específico de conciliación “Cervo Concilia”, dirixido exclusivamente ás familias empadroadas no municipio e que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro, e 2 e 3 de xaneiro. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.