Balseiro gabou “o esforzo e a dedicación deste equipo, que difunde os nomes de Burela e da Mariña alí onde chega e que nos fai campións”. Nesta liña, apuntou que “debemos felicitarnos, tanto polos éxitos como polo bo traballo que realizan cada día na nosa comarca centos de clubs e entidades -con nenos e nenas, mozos, adultos ou seniors-, estendendo a cultura e os valores do deporte”.