Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 15 de decembro unha parte das fotografías do Arquivo Walter Ebeling vanse expoñer no Cenima

 Lugo, 4 de novembro de 2019. Desde o desde o 4 de novembro ao 15 de decembro de 2019, unha parte das fotografías do Arquivo Walter Ebeling vanse expoñer no Cenima (Centro de Interpretación da Mariña), en Foz (Lugo). Esta mostra, promovida pola área de Cultura da Deputación de Lugo e pola Rede Museística Provincial, pretende achegar á memoria do noso patrimonio etnográfico uns valiosísimos documentos gráficos, únicos, nos que se reflicte a vida dos nosos devanceiros entre os anos 1928 e 1933.

Esta exposición forma parte do programa de exposicións que o Rede Museística oferta en itinerancia para o ano 2019. Unha oferta gratuíta a disposición de centros de ensino, entidades culturais e institucións da provincia de Lugo

Nesta mostra pode verse unha parte do traballo realizado ao longo dos anos 1928, 1929 e 1933 polo filólogo e historiador alemán Walter Ebeling, que percorreu a xeografía galega para recoller testemuña da vida cotiá dos homes e as mulleres do agro. Grazas ao Sr. Ignasi Ros Fontana, actual depositario do arquivo fotográfico, e á Deputación Provincial de Lugo, que asumiu a reprodución destas fotografías, hoxe contamos con este valioso material. O conxunto abrangue máis de cincocentas corenta fotografías dixitalizadas polo Museo Provincial de Lugo.

Exit mobile version