Mondoñedo, 23 de novembro, 2019. Xián Lois Alcayde Dans, veciño de Culleredo, foi o gañador do XX Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado polo gañador que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “Anoar”
O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra “Unha luz de eclipse” da que é autor, Aleixandre Lago Barcala, de Santiago.
Isolda Comesaña Alcarz, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “Son da estirpe de Luperca”. Isolda Comesaña é de Vigo.
A entrega do Premio terá lugar o vindeiro domingo, 1 de decembro a partir das 11.15 horas da mañá segundo o seguinte programa:
Ás 11.15 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.
Ás 11.30 horas; Presentación antoloxía Versos Fideis. (Libro no que se recollen os versos premiados no Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores)
Ás 12.30 horas; Entrega de Premios do XX Certame de Poesa Díaz Jácome no Salón de Plenos do Concello.