Mércores 20, o alumnado de Activamente sumouse gardando un minuto de silencio diante do Centro Socicultural, portando os carteis da campaña.
Venres 22, Jorge Val, Alcalde de Alfoz, asinará en Lugo o convenio de adhesión un ano máis a esta iniciativa. Iluminaremos en violeta a fachada do consistorio desde a noite do venres ata a noite do luns.
Sábado 23, o CD Alfoz mostrará o seu apoio ao inicio do partido (16.15h) que disputará no Campo de Fútbol Municipal contra o Barreiros.
Luns 25, concentración ás 12.00h diante da Casa do Concello e lectura do Manifesto. Este mesmo día, tanto no CEIP Plurilingüe Castro de Ouro coma o IES Alfoz-Valadouro tamén teñen actos programados cos alumnos e alumnas e co profesorado para mostrar a súa adhesión á “En negro contra as violencias”.
Do mesmo xeito, as empresas, comercios, asociacións, etc, do municipio participan coa colocación dos carteis da campaña, que na maioría dos casos se mantenen durante todo o ano, e participando nas iniciativas municipais.
Domingo 1 de decembro, ás 19.00h, no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz terá lugar a representación teatral de “Golpes”, protagonizada por Estíbaliz Veiga, actriz natural de Barreiros. ” Pamela recibiu moitos GOLPES , pero o máis grande foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por onde foi golpeada…”. Esta actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.