Site icon Crónica3.com A Mariña

Actualización de taxas no Concello de Cervo

Cervo, 18 de novembro, 2019. A edil de Facenda, Dolores García Caramés, explicou que no pleno celebrado o pasado venres “aprobouse unha actualización de diferentes taxas”, un procedemento normal, nada excepcional “tal e como tamén se actualizan os gastos que ten, por exemplo, calquera Administración”.

Caramés recordou que o Concello de Cervo xestiona publicamente a gran maioría dos servizos que presta á veciñanza “servizos como por exemplo o sanenamento, a auga ou a recollida de lixo, que no seu día o PSOE privatizara, e que recuperamos cando chegamos ao Goberno”.

É comprensible que esta preferencia do PSOE de Cervo pola xestión privada e non pola pública -engadiu- “o leve a ser impreciso nas súas manifestacións sobre esta materia”.

Exit mobile version