Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta organiza este sábado no Vicedo un curso sobre o manexo de desfibriladores dirixido a voluntarios de Protección Civil

A Xunta de Galicia continúa coa súa programación de accións formativas dirixidas aos voluntarios de protección civil da nosa provincia. Este sábado comezará no Vicedo un curso sobre manexo de desfibriladores semitautomáticos externos, isto é, os equipos portátiles. A formación, totalmente gratuíta, conta cunha vintena de voluntarios participantes, e terá 8 horas de duración. Un correcto manexo destes equipos, en situacións de emerxencias, permite aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, e acurtar os tempos para realizar a reanimación cardiopulmonar.

Exit mobile version