Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia da Deputación colaborará coa Mesa pola Normalización Lingüística na promoción do uso do galego

 Lugo, 19 de novembro de 2019. A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, reuníronse este martes para avanzar nunha fórmula de colaboración
O responsable da Mesa expuxo os proxectos que desenvolven para promocionar o galego no ámbito do ensino, da empresa ou da administración e incidiu na necesidade de “extender o uso da lingua entre a mocidade eliminando as barreiras que persisten para empregala libremente, entre elas as psicolóxicas”. Maite Ferreiro mostrou a disposición da área de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística a colaborar coas iniciativas que desenvolve a Mesa. “As administracións públicas debemos traballar activamente en favor da normalización social da lingua galega e garantir que calquera persoa poida desenvolver a súa vida plenamente en galego con normalidade”, expuxo a vicepresidenta.

Exit mobile version