Viveiro, 8 de novembro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que Renfe comezou as obras para mellorar a accesibilidade dos apeadeiros do ferrocarril de ancho métrico no municipio de Viveiro.
Estas obras que está a executar Renfe inclúense nunha actuación que comezou no mes de agosto a empresa pública ferroviaria, que inclúe melloras en cinco apeadeiros da Mariña, por importe próximo aos 374.000 euros.
Esta actuación comezou en tres apeadeiros existentes no municipio de Foz, concretamente nos de Foz, Nois e Cangas de Foz. As obras comezaron nos últimos días no de Covas de Viveiro e próximamente realizaranse no de Viveiro.
O obxectivo destas actuacións é facer máis accesibles as estacións mediante o recrecido de andéns con novo solado para adaptar á altura da plataforma do tren. Por outro lado, auméntase a eficiencia enerxética coa instalación de alumeado LED, mellorarase a señalética e sustituiranse as varandas nos andénes onde sexa preciso.
Nos apeadeiros de Nois e Cangas de Foz sustituironse as actuais marquesiñas, xa deterioradas, por unhas novas, seguindo o modelo doutras estacións da rede.
Está previsto que a totalidade das obras estea finalizada o próximo mes de xaneiro de 2020.