Site icon Crónica3.com A Mariña

A secretaria provincial Patricia Otero, realizou unha primeira valoración do resultado electoral na provincia

 Lugo, 10 de novembro de 2019. A secretaria provincial Patricia Otero, realizou unha primeira valoración do resultado electoral na provincia;

“Quero agradecer a todos os lucenses a confianza depositada no Partido Socialista na provincia de Lugo, e quero felicitar a Ana Prieto, Javier Cerqueiro , e Cesar Mogo que estou convencida que serán uns representantes excelentes da provincia de Lugo, e darán voz aos problemas de tódalas veciñas e veciños dos 67 Concellos da provincia.

A partir de agora poñémonos a traballar a reo para seguir traballando e impulsando, proxectos e iniciativas que contribúan a mellorar a vida de todos os lucenses.

E por suposto tamén quero aproveitar para agradecer a todos os nosos interventores e apoderados do PSOE na provincia que colaboraron este 10N nesta cita electoral, gracias infinitas polo voso traballo. Esta é nosa primeira valoracións dos resultados á espera de ter tódolos datos da provincia”.

Exit mobile version