O texto, consensuado por todos os grupos políticos municipais, é o seguinte: “hoxe o Concello de Foz recibiu unha triste, amarga e impactante noticia, coa que estamos absolutamente consternados. Á espera da confirmación oficial dun presunto crime de ámbito doméstico no noso pobo, o conxunto da corporación de Foz quere trasladar a súa firme condena a todo tipo de violencia. Tamén queremos enviarlles a tódolos veciños e veciñas un mensaxe de absoluta tranquilidade e de confianza nas forzas de orde público, que están a facer o seu traballo dunha forma profesional e exemplar. As nosas condolencias a amigos e familiares”.
O Concello de Foz convoca ademais unha concentración este martes, 5 de novembro, ás 20:00 horas diante da praza do Concello con 3 minutos de silencio en mostra de repulsa pola tráxica morte da veciña.